Autores: Estíbaliz Espinosa

Vive en A Coruña, Galicia, España.
Escribo poemas bajo la aurora de la ciencia y no ficción bajo sospecha de lirismo.
Astrónoma aficionada. Mezzosoprano. Célula madre autónoma.
Cuidadora. Entre la curiosidad, un pensamiento y la pérdida.
Licenciada en Sociología y en Filología Hispánica por la Universidad de A Coruña.
Dirige iniciativas sobre poesía, ciencia y arte desde hace 16 años.
Ha publicado varios libros de poemas, traducciones, ensayo , relato y varios álbums para niñes. El blog mmmm de 2005 a 2016. He sido parcialmente traducida a varias lenguas.
Algunos títulos son los poemarios Curiosidade, ..As neuronas irmás…, Zommm.
Textos biónicos o Constelación Maruja que muta noutras. En ensayo, Curiosas na
Lúa. He publicado discos musicales con poemas y audiolibros. En la constelación de la palabra, la ciencia, música, maternidad en solitario y saudade.
@EstibalizEs @estibaliz.espinosa
coma un libro aberto
Serás coma un libro aberto.
A curiosidade. O escepticismo. E o seu prezo.
«Non. Non me calo nin estou por debaixo de ti.»
«Si, cobro por escribir.»
«Non. A Estrela Polar non é a que era hai 5000 anos. Cómo vai selo o amor»
«Si, dicíao a observatoria Maria Mitchell: ‘é precioso o aprecio, o amor do propio
sexo ao non estar provocado pola vaidade’. Pero pregúntome: éo sempre, éo?»
Coma libros abertas, procuro as olladas cómplices. As mans que me. Non
sempre dou con elas. E logo.
De par en par, volvémonos descoñecidas.
Xa non coincidimos en todo. Non hai volume que poida disimular o recendo [furfural C5H4O2 e améndoa]
a calidade do seu papel.
Aquí non hai adulación, só un bosque de argumentos.
É tan fráxil masculino o papel…
Onde a tinta que un polbo femia traza
para desovar, para desescribirse?
O vento da noite pasa as nosas páxinas. «Pasa páxina», semella dicir. Como se
na seguinte fose estar o debuxo.
E si, está. Un fino debuxo a tinta baixo outras constelacións, marcos onde
desdebuxarse e de novo refacerse, onde unha ecuación insiste na beleza.
Tinta baixo a Grande Ursa. Ou a ecuación de transformar puñazos na tripa
nunha verdade do tamaño dun puño.
Inédito, 2018
Extraido de: https://revistaidees.cat/es/estibaliz-espinosa-desequilibra-el-sostre/